Compartir
Documentos
Para o comercio internacional de especímenes de especies incluídas nos Apéndices do Convenio CITES e nos Anexos do Regulamento (CE) nº 338/97 precísanse os seguintes documentos:
- Permiso de importación CITES: necesario para importar na Unión Europea (UE) especímenes de especies incluídas nos Anexos A e B do Regulamento (CE) nº 338/97.
- Permiso de exportación/certificado de re-exportación: necesario para exportar ou re-exportar desde a UE especímenes de especies incluídas nos Anexos A, B ou C do Regulamento (CE) nº 338/97.
- Certificado de propiedade privada: certificado emitido para mascotas e que permite a un particular viaxar por varios países durante 3 anos consecutivos.
- Certificado de exhibición itinerante: certificado emitido para exhibicións itinerantes e que permite viaxar por varios países durante 3 anos consecutivos.
- Notificación de importación: utilizado para a importación de especímenes de especies incluídos nos Anexos C e D do Regulamento (CE) nº 338/97. Non está suxeita dunha autorización previa á entrada da mercadoría na UE. O documento debe ser cuberto polo importador (ou o seu representante) no momento da importación. O formulario para este documento componse de dous exemplares:
- Orixinal (folla nº 1), de cor branca.
- Copia para o importador (folla nº 2), de cor amarela.
- Para especímenes de especies incluídas no Anexo C, deberase achegar, ademais, o documento acreditativo da orixe da mercadoría (permiso/certificado CITES ou certificado de orixe expedida pola Autoridade administrativa CITES do país exportador, segundo os casos). Para especímenes do Anexo D, non será necesario achegar ningún documento adicional.
- Este tipo de documento non require o pago de ningunha taxa CITES.
- Pode acceder á descarga do formulario de solicitude para presentación de solicitudes en persoa (en caso de persoa física), ou presentalo a través da sede electrónica da Secretaría de Estado de Comercio.
- Documento de Inspección de Especies en Comercio CITES (DIESAC CITES): necesario para a inspección e control documental previo ao despacho aduaneiro de especímenes de especies incluídas nos Anexos do Regulamento (CE) nº 338/97. No momento da presentación dunha mercadoría ante unha aduana española, os Servizos Aduaneiros esixirán este Documento ao importador ou (re)exportador como forma de acreditar que dita mercadoría contén os especímenes CITES amparados polos preceptivos documentos CITESá entrada ou saída da UE. A solicitude pódese realizar de forma electrónicaou de forma física no caso de persoas físicas.
- Documento de Inspección de Especies en Comercio non CITES (DIESAC non CITES): necesario para a inspección e control documental previo ao despacho aduaneiro daqueles especímenes de especies non incluídas nos Anexos do Regulamento (CE) nº 338/97 pero que así o requira a Aduana. No momento da presentación dunha mercadoría ante unha aduana española, os Servizos Aduaneiros poden solicitar este Documento ao importador ou (re)exportador como forma de acreditar que dita mercadoría non contén especímenes de especies incluídas en CITES . A solicitude pódese realizar de forma electrónicaou de forma física no caso de persoas físicas.